25/4/24
Abenizamos contos. Recanto matemático
24/4/24
O meu libro favorito. Día do Libro en 6° de Educación Infantil
Para celebrar o Día Internacional do Libro os nenos e nenas de 5 anos traballaron sobre as súas lecturas favoritas deseñando as súas propias portadas.
Énchede a vosa vida de libros!!!! 🥰🥰🥰🥰🥰🥰🥰
23/4/24
23 de abril, Día Internacional do Libro
As aulas de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe voltaron a facer maxia para esta data.
Diversidade nas formas, nas cores, nos tecidos, ..., en resumo, na vida.
Disfrutade deste marabilloso teatro de sombras pola inclusión.
22/4/24
CHAFARÍS, LECTURA E FAMILIAS
Rematamos a semana convidando ás familias a forarmarse sobre os xogos de mesa con Chafarís e poder compartir esta actividade con todos os nenos e nenas desde Infanil ata 2º de Educación Primaria organizados en dúas quendas.
O noso PDI Covasmola 3.0 segue organizando actividades dentro da Biblio creativa relacionados có xogo e as familias son parte indispensable na nosa programación.
Non saberíamos dicir quen o pasou mellor, se os peques ou os maiores e biblioteca estaba como nos gusta, a reventar!!!!😍😍😍😍😍😍😍
Infinitas grazas a Cris e Kiko, Chafarís, por facelo posible. Premede na imaxe si queredes coñecelos un pouquiño máis premede no logo