29/5/10

SEGUIMOS TRABALLANDO CON UXÍO NOVONEYRA

2º-3º ciclo

infantil e 1º ciclo
PREME NAS IMAXES

O CEIP O Pombal de Vigo propón este xogo para Infantil e Primaria sobre Uxío Novoneyra.
Graciñas por compartir o voso traballo.

18/5/10

A EXPOSICIÓN SOBRE O MAR NO COLEXIO

Presentación da exposición do colexio sobre o mar .
Grazas a tod@s pola colaboración aportando materiais e fotos.

14/5/10

DÍA DAS LETRAS GALEGAS-XORNAL DO COLEXIO

Para conmemorar o Día das Letras Galegas entregamos o xornal "O Charlatán de Covas" que elaboramos entre tod@s, participando toda a comunidade educativa. Cada clase fai un traballo para publicar e, neste curso que estamos a traballar sobre "O mar", moitos dos artigos fan referencia a este tema.
Destacamos a figura de UXÍO NOVONEYRA con a súa biografía e a ilustración do conto "Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín" feito polos nen@s de 5 anos.
É unha pena que non podemos publicar todas as páxinas do xornal a cor .
Grazas a tod@s pola vosa colaboración

10/5/10

FOLLARASCA DE UXÍO NOVONEYRA


Precioso regalo para as bibliotecas escolares de Olga&Emilio.

7/5/10

SEMANA DA LECTURA 2010

Do 26 ao 29 de Abril celebramos no colexio a Semana da lectura na que os nen@s convírtense en contacontos.Conmemoramos o Día internacional do libro e esta actividade xa está consolidada no centro.
Tod@s o fixeron estupendamente e como mostra estas fotos.
Grazas a tod@s os mestres e nen@s.



1/5/10

ACTIVIDADES SOBRE UXÍO NOVONEYRA

Enlaces de actividades sobre UXÍO NOVONEYRA.

CEIP DE FRIAN - Actividades Lim do conto adaptado "Ilda, o corzo, o lobo e o xabaril"

CEIP CONDESA DE FENOSA -Poeta do Courel - actividades Lim sobre a biografía e lugares onde viviu Uxío Novoneyra.

CEIP DE ANDRADE -Webquest sobre Uxío Novoneyra

CEIP NOSA SENHORA DE XUVENCOS -Aula virtual (entrar como convidado)

SEMINARIO GALÁN - Actividades en liña para todos os ciclos dende infantil ata o 3º ciclo

15 POEMAS PARA RECITAR - poemas para recitar dende "a biblioteca do cole"

Máis sobre UXÍO NOVONEYRA- Libro sobre este escritor feito por Antonio Martínez (biblioafonso)
(Ceip Mestre Martínez Alonso, Mos)

CEIP MESTRE MARTÍNEZ ALONSO, MOS -webquest sobre Uxío Novoneyra para o 1º-2º e 3º ciclo de Primaria

Grazas a estes colexios por compartir os seus traballos.