26/4/17

LUCAS POLO E A SÚA FAMILIA CANTAN "A RIANXEIRA"

Lucas un neno de 2º que con a súa familia cantan estupendamente a canción popular "Polo río abaixo...".
É imposible non poñerse a cantar con eles!

PAULA E SOFÍA CANTAN "DEDÍN, DEDÍN"

Paula de 3º e a súa irmá Sofía de 3 anos cantan a canción "Dedín, dedín". Fantástico chicas!


Paula e Sofía cantando Dedín, dedín


"O GALO CANTA" POR PAULA MARIÑO

Paula, unha nena de 2º de primaria cantounos "O galo canta a galiña chora". Estupendo Paula!


ARI E A SÚA FAMILIA CANTAN "O RODABALLO"

Esta canción tan divertida cantáronna Ari de 3º e a súa familia. Fantásticos!  

25/4/17

MES DOS LIBROS (O EQUIPO DE COLABORADORES/AS DA BIBLIOTECA DRAMATIZAN BORIS)


Que boa maneira de celebrar o mes dos libros!  Pasámolo xenial coa lectura e dramatización do libro Boris por parte dun grupo do Equipo de Colaboradores/as da Biblioteca.
Asistiron á biblioteca os nenos e nenas de Infantil e 1º de primaria e estiveron moi atentos ás aventuras do oso Boris no seu primeiro día na escola.
Durante a semana seguiremos lendo e dramatizando libros na biblioteca para os rapaces.

Día do libro 2017 from Bibliocovas on Vimeo.

20/4/17

PAULA E XAVI CANTAN "POUSA, POUSA"

Paula de 6º e Xavi de 1º acompañados pola familia cantan "Pousa, pousa". Son uns grandes artistas!





SARA E NOA CANTAN A CAROLINA

Sara López e Noa Míguez de 4º de primaria elexiron "A Carolina" para o seu traballo. Moi ben chicas!
 

19/4/17

AQUÍ CANTAMOS ASÍ

Dentro do proxecto da Microrrede da Mariña "A Mariña con moita arte" o noso centro participa cos traballos feitos polas familias e que levan por título "Aquí cantamos así". O obxectivo é achegar as cancións tradicionais de festas, faenas do campo, do mar...aos rapaces máis novos e por eso pedimos ás familias que gravaran unha canción. Traballando coas TICs engadimos un código QR a cada traballo plástico. Cun lector de códigos QR descargado nun dispositivo móvil poderemos escoitar a canción ou ver o video dos traballos das familias.
Xa podemos ver os fantásticos traballos na exposición do colexio.

18/4/17

ALDARA DE 3º CANTA A UN AMOR MARIÑEIRO

Esta é Aldara e a súa canción tan doce adicada a un amor mariñeiro.



LOLA, DE 5 ANOS CANTA "ESTE OLLIÑO PIMPILÍN"

Lola, de 5 anos e irmá de Aldara deleitounos con esta canción tan divertida. Toda unha artista!

LOLA,ESTE OLLIÑO PIMPILÍN




SARA BARREIRO ARES DE 5 ANOS CANTA CATRO VELLOS MARIÑEIROS

Sara foi ata a praia de Covas para cantar "Catro vellos mariñeiros" e de fondo... San Roque, claro. Grazas a Sara e á súa familia por este fantástico video.


Sara Barreiro Ares


LUCAS DE 5 ANOS E A SÚA FAMILIA CANTANDO A RUMBOIA

Escoitade esta canción tan divertida que cantan Lucas e a súa familia. Fantásticos!


14/4/17

EDGAR DE 4º , HUGO DE E A SÚA FAMILIA CANTAN ASÍ

Esta canción está interpretada por Edgar, Hugo e a súa mamá Noelia. Ademais está acompañada pola pandereta. Fantástico!

ADRIÁN DE 5º E A SÚA FAMILIA

Ondiñas veñen... así canta a familia de Adrián de 5º.



11/4/17

MONTAMOS OS ESCORNABOTS

Coa axuda do Equipo de Colaboradores/as da biblioteca montamos os tres escornabots que mercamos para o centro. Os nenos e nenas divididos en tres equipos coa axuda de Basi, Loli e María fixemos a montaxe dos robots. Despois de recoñecer as pezas e ferramentas dos escornabots, puxémonos desaparafusador en man e pouco a pouco os escornabots cobraron "vida".
 Por suposto, xogamos con eles e pasámolo moi ben.


 
escornabots

10/4/17

VISITA AO COMPLEXO REGAL-XUNQUEIRA

Os alumnos/as de Educación Infantil do colexio visitamos o Complexo Regal-Xunqueira e asistimos a unha serie de actividades moi interesantes:
-Proxección audiovisual sobre o proceso de elaboración de cerámica.
-Visitamos a exposición sobre Maruja Mallo.
-Vimos o museo de cerámicas Regal e outros artistas.
-Fixemos unha visita ao museo do coiro.
-Finalmente visitamos o obradoiro de cerámica en activo, percorrendo os diferentes apartados e procesos de fabricación de cerámica: colado, decorado... e cada alumno/a elaborou tres pezas de cerámica. Despois de secar e cocelas van envialas ao centro.

6/4/17

DAVID ESTEBANEZ, O NOSO PEQUENO INVENTOR

Temos un inventor de naves espaciais no colexio. Chámase David e está en 3º de primaria. Gústalle a ciencia e gravou este video  explicando  o proceso de creación e montaxe dunha nave espacial que voa.
Un fantástico video-titorial e un gran traballo feito por David con materiais sinxelos.
No video lémbranos que para empregar determinadas ferramentas temos que pedir axuda a un adulto.

GRAZAS A DAVID E A SÚA FAMILIA POR ESTE GRAN TRABALLO!

david_nave_espacial

4/4/17

DÍA DO LIBRO INFANTIL


BIOGRAFÍA
 

 Es capaz de contestar estas preguntas?
  


                             


                               

2/4/17

MÁIS SOBRE CARLOS CASARES


http://seminariogalan.org/inicio/portada

O Seminario Galán pon á nosa disposición unha morea de actividades e recursos para traballar a vida e obra de Carlos Casares, escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2017.

http://seminariogalan.org/inicio/portada



29/3/17

DÍA MUNDIAL DA ÁRBORE E DA AUGA


O 21 de marzo celebramos o Día Mundial da árbore e da auga.
A Diputación regalou ao centro un ameneiro que prantaron os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria. Puxéronlle o nome de TRONQUIÑO.
Aquí temos as fotos do acto.

Día da Auga, proposto pola Conferencia da ONU para o Medio Ambiente e o Desenvolvemento en Rio de Janeiro, en 1992, e adoptado pola Asemblea Xeral, o 22 de decembro do mesmo ano, no que se recoñece a auga potable e o saneamento básico como un dereito esencial para o desfrute da vida e de todos os dereitos humanos.

Día da Árbore -tamén chamado Día Forestal Mundial-, recomendado polo Congreso Forestal celebrado en Roma en 1969 e aceptado pola FAO (Organización da ONU para a Agricultura e a Alimentación), en 1971, como recoñecemento aos múltiples servizos que prestan as árbores á vida e á actividade humana, ademais do simbolismo que representan nas diferentes culturas.

28/3/17

ACTIVIDADES SOBRE CARLOS CASARES (CEIP MESTRE VALVERDE MAYO)

Estas son algunhas das actividades elaboradas polo CEIP MESTRE VALVERDE MAYO sobre o autor homenaxeado este ano 2017 o Día das Letras Galegas, CARLOS CASARES.


http://www.ceipmestrevalverdemayo.es/edlg/letrasgal2017/index.html

Grazas por compartir este fantástico traballo!

23/3/17

PRIMAVERA DAS LETRAS- CARLOS CASARES


  A Real Academia Galega acaba de poñer en marcha a segunda edición do proxecto web Primavera das Letras (http://academia.gal/primaveradasletras), unha iniciativa coa que pretende fornecer a comunidade educativa de infantil e primaria de recursos didácticos e lúdicos arredor do protagonista do Día das Letras Galegas de cada ano. Co propósito de que todos os potenciais usuarios e usuarias poidan coñecer esta ferramenta, diríxome a vostede para lle solicitar toda axuda posible na súa difusión entre o profesorado seu centro, as familias e demais membros da comunidade educativa.

                              Carlos Casares, o escritor que será homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2017, e o seu universo vital e literario son o eixe das propostas didácticas deste ano. Un dos obxectivos de Primavera das Letras é promover que a aprendizaxe arredor desta celebración non se limite aos días previos ao 17 de maio. Deste xeito, desde finais do mes de febreiro estanse a publicar novas fichas didácticas e contidos interactivos.


                                                  
                              As actividades propostas están interrelacionadas con diversos contidos do currículo escolar para facilitar un enfoque globalizador e interdisciplinar e a súa utilidade en calquera momento; poderanse traballar na aula, por exemplo, contidos de literatura galega, expresión oral e escrita, aspectos relacionados coa natureza, a xeografía, a historia ou a educación artística e a creatividade.

                              Como novidade, nesta segunda edición de Primavera das Letras ponse en marcha o certame Contádenos o voso día das Letras, no que os centros educativos poderán explicarlle á Academia como celebran o 17 de maio.

                              Alén de Primavera das Letras, lembrámoslle que a web da Academia, academia.gal, recolle na sección Letras Galegas un percorrido biográfico e imaxes da vida de Carlos Casares, e tamén ofrecerá durante estes meses reportaxes e entrevistas sobre a figura homenaxeada.

20/3/17

ROSALÍA, CIENTÍFICA DA LINGUA

Para conmemorar o Día de Rosalía e traballando sobre o noso proxecto da ciencia, decidimos elaborar unha LIÑA DO TEMPO SOBRE DESCUBRIMENTOS/INVENTOS na época de Rosalía.
Cada clase escolleu un invento/descubrimento e tivo que investigar para elaborar un poster coa descrición do invento/descubrimento e inventor/descubridor.
Así aprenderon nomes de inventores/as e científicos/as e unha morea de datos sobre o teléfono, bombilla, Marie Curie, o submarino...
Unha vez realizados os traballos, expuxémolos nun mural para que toda a comunidade educativa poda disfrutar dos traballos que facemos no colexio.

12/3/17

ENTREVISTA A BASI, O PROFE DE INFANTIL DO NOSO COLE


Entrevista a Basi o Día da Muller Traballadora no CEIP Plurilingüe de Covas
 Imagen: XAIME F. RAMALLAL

«Non atopo súper heroes que choren»
Basilio Seijas, mestre de educación infantil, cre que a igualdade pasa por empoderar ás mulleres, pero tamén por ensinar aos nenos unha nova masculinidade. ANA F. CUBA 

Blog do profe Basi: oprofebasi.com


ORTIGUEIRA 05/03/2017 18:30
Na súa promoción, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, só eran catro homes estudando Educación Infantil. E nos 15 anos de docencia que leva, catro en Madrid e o resto en Galicia, Basilio Seijas Franco (Lugo, 1978) aínda non tivo nin un só compañeiro (si de primaria ou na dirección do colexio, pero non en infantil). 
A maioría das veces é ben recibido polas mestras, pero este ensinante asentado en Ortigueira ten oído comentarios de todo tipo, de profesoras - «para ser home aínda ten a clase bastante recollida», «xa vén un tío a cortarnos o rollo», «pois a ver con quen vas falar»- e tamén de familias -«unha nai díxome que a súa filla non estaba afeita a tratar con homes, e saíume ‘pero non ten pai ou avó ou tíos?’; notei desconfianza por ser home»-. 
Basilio, que exerce unha profesión de mulleres (no último tribunal de oposición no que participou só aprobou un rapaz), entende que a igualdade e a loita contra a lacra da violencia de xénero pasa, necesariamente, por empoderar á muller. «Pero falta a figura masculina na ecuación -sostén-, porque o que maltrata xeralmente é o home, e por iso temos que permitir novas masculinidades». «Os homes temos barreiras, non atopo bibliografía de súper heroes que choren nin soldados que non queiran ir á guerra. Parece que un home non pode mostrar as emocións, o medo; somos violentos e fortes... E esas cousas véxoas nos nenos, desde pequenos», explica. Unha nai contoulle, preocupada, que ao seu fillo lle gusta a cor rosa, pero só o manifesta na casa, xamais no colexio, por vergoña. 
Outra explicoulle que o neno facía xogo simbólico (emulando a unha nai, un pai, etcétera), pero paraba cando chegaba o pai. 
A educación emocional:As nenas «non teñen problema en facer un escudo de cabaleiro, pero a algún neno [de entre tres e seis anos] non lle digas que o vas maquillar; temos un rol xa adquirido», conclúe. De aí o movemento, secundado por cada vez máis docentes, que aposta pola educación emocional, «fundamental para recoñecer as emocións e expresalas, e a empatía, moi importante desde pequenos». O papel das familias é clave, «xa que moitos nenos están sendo educados por homes que non expresan sentimentos, machotes», constata, e o pequeno identifícase co proxenitor e tende a reproducir o seu comportamento. Basilio ve cambios, pola maior implicación dos varóns na educación dos fillos, pero incide na necesidade de «empoderar a eses homes que, cada vez máis, se atreven a ser como queren ser», coma Billy Elliot. O mestre recoñece que a el tamén lle custou a primeira vez que saíu á rúa cun carro da compra e bota en falla unha formación específica en igualdade. No colexio loita contra os límites que impón o sistema -«en infantil temos a presión da lectoescritura, cando a ler e escribir deben aprender despois»-, escapa da «produción» de fichas e aplica métodos pedagóxicos que traballan por proxectos, incidindo na motricidade, a oralidade e a creatividade (a través da música, a arte ou os contos). «As escolas matan o querer saber, unha persoa intelixente é a que se fai preguntas e na aula deberíase incentivar esa curiosidade. O mundo actual non busca xente con moitos coñecementos, senón creativa, con pensamento diverxente... Entón, que estamos facendo nas escolas, nenos borricos?», pregunta.
  Tipos duros que din «quérote»:Fíxose mestre co afán de mudar o mundo e a frustración sumiuno nunha crise, da que saíu cando se convenceu de que «os cambios son pequeniños, pero importantes, porque o que un neno aprende de ti axuda» a ir na nova dirección. No seu blogue (oprofebasi.com) aborda as novas masculinidades, outro tipo de homes, «varóns fortes, pero tamén sensibles, con medos, emocións e frustracións, valentes que non teñen medo a enfrontarse á vida, pero tampouco a dicir ‘quérote’». E recomenda o conto Tipos duros (editorial Impedimenta).

10/3/17

O PATIO CUBERTO XA ESTÁ PINTADO

Xa temos pintado o patio cuberto do colexio. Grazas ao fantástico traballo de Ana Corujo (antiga alumna do centro e colaboradora habitual nas actividades artísticas) e Lara Buyo quedou así de bonito e luminoso.
Ana e Lara son graduadas en Bellas Artes e ademais teñen en marcha un proxecto dunha empresa de serigrafía en Viveiro.
Toda a comunidade educativa agradece a colaboración destas artistas.



Moita sorte co voso proxecto!

LAG
Ana Corujo (Viveiro, 1993) e Lara Buyo (A Coruña, 1993) son as artífices de Lag, un proxecto que pensan abrir en Viveiro dentro de mes e medio aproximadamente. Trátase dunha tenda de produtos serigrafiados que elas mesmas, graduadas en Bellas Artes, deseñan e crean. Tan só a modo de anécdota, esta nova empresa e o reporteiro máis dicharareiro de Barrio Sésamo teñen moito máis que ver do que semella a simple vista: «Cando estabamos empezando a carreira e a traballar xuntas, buscando un nome artístico ocorríasenos, xuntando os nosos nomes de Lara y Ana, Larana Gustavo. Co paso do tempo démonos conta de que moi serio non era... pero dábanos pena sacar a Gustavo, por iso a letra G está como caendo no noso logo». Acaban de iniciar unha campaña de crowdfunding (ata o 2 de abril) para recibir doazóns e así Lag poida ver a luz en Viveiro.



4/3/17

UN ENTROIDO CIENTÍFICO

Este ano tivemos un Entroido científico e seguimos as instrucións do Meco ao pé da letra. O venres fixemos un gran desfile de científicos locos, inventores, médicos e enfermeiras, calculadoras, robots, sistema periódico, fórmulas químicas, glóbulos vermellos, blancos, astronautas e ata virus.
Asistiron as familias para ver o desfile e tamén  varios residentes de Geriatros que degustaron con nós as lambetadas e cantaron unha canción sobre o  Entroido en Viveiro.
Para celebrar o Día de Rosalía estamos a traballar unha liña do tempo e decoramos as caretas de Rosalía.



entroido17-1 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

23/2/17

MARES DE CULTURA- VISITA Á GRANXA DE CORAIS DE VIVEIRO

Que maneira máis divertida de comezar co monográfico da biblioteca sobre a ciencia!


A campaña escolar “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar” é un programa que ten como obxectivo   sensibilizar e divulgar os valores e  recursos do mar, a través dun completo programa durante todo o calendario escolar 2016-2017.
Nesta edición, a campaña pretende ser un referente de divulgación, consolidándose como complemento educativo dentro do programa de actividades escolares dos centros participantes. Como nas anteriores edicións, o principal obxectivo é achegar ás novas xeracións, escolares de primaria e secundaria, ó entorno litoral de A Mariña-Ortegal, para descubrir in-situ a cultura mariñeira, os recursos naturais e as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal. Persegue ademáis, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respeto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar. Ao mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.
Cada centro poderá participar nas diferentes actividades da campaña:

- Charla Divulgativa e material didáctico: Cada centro participante recibirá unha charla divulgativa na aula sobre o contido da campaña e a posta en valor dos recursos costeiros e a cultura mariñeira da man dun biólogo mariño. Recibirán tamén o material didáctico que sirve como reforzo educativo e complemento didáctico da xornada de actividades.
  • Xornada de excursións e actividades:.Despois de recibir a charla no propio centro educativo a cargo de Carlos Gil, biólogo mariño a bordo desta expedición, visitaron a granxa de Coral Reef Water en Viveiro,
  • Fumos de visita á Granxa de corais "Coral Reef Water  Farm" en Viveiro. Un centro punteiro a nivel europeo na cría e investigación dos corais. 
Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º seguiron moi atentos as explicacións de Vanesa sobre os corais, que son, que función teñen para a vida marina na formación de arrecifes, a fauna que habita nos arrecifes de coral...
Vimos diferentes tipos de corais que prantan na granxa e especies marinas viven con eles, por exemplo o peixe paiaso, os pepinos de mar, os peixes ciruxanos... e a función que teñen dentro do ecosistema.
As preguntas dos nenos e nenas foron moitas e moi interesantes.
Os corais son importados dende Australia, Indonesia e o Caribe, polo que necesitan unhas condicións de temperatura, salinidade de auga, luz... moi especiais para que os corais medren.



20/2/17

CIENCIA NO COLEXIO

Así está o colexio, cheo de ciencia.
E o Meco tamén quere investigar...
























14/2/17

CIENCIA E LECTURA. EU QUERO SABER!

Este é o título do monográfico sobre a ciencia que levaremos a cabo no colexio durante o segundo e terceiro trimestre.
Como obxectivo principal queremos “fomentar a curiosidade dos nenos/as sobre o proceso da investigación científica ”.
Para acceder ao enlace, preme AQUÍ (ou mira na barra lateral do blog)

12/2/17

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E NENA NA CIENCIA

As científicas Amelie Meyer e Allison Bailey participan na expedición noruega N-ICE2015 do ártico. Foto OM
A ciencia e a igualdade de xénero son vitais para realizar os Obxetivos de Desenvolvemento Sostible, incluidos na Axenda 2030. Nos últimos 15 años, a comunidade internacional fixo un grande esforzo inspirando e promovendo a participación  das mulleres e as nenas na ciencia.
Co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas,  ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nenas, a Asamblea General de las Naciones Unidas decide proclamar o 11 de febreiro como O Día Internacional de la Mujer y la Niña en la Ciencia.


Cartel das actividades que se celebran no DOMUS (A Coruña)

4/2/17

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ

O Día 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz e a Non Violencia na escola. 
Coa asistencia das familias dos alumnos/as, a presentación do acto fixéronna unha nena de 6º de primaria e un neno de 5 anos. Despois da lectura de poemas de GLORIA FUERTES (cúmprese o centenario do nacemento da escritora) celebrámolo cun baile colaborativo de todos os nenos e nenas do colexio. O alumnado de 6º axudou aos máis pequeniños. 
Ademais bailaron dúas cancións relacionadas coa amizade, tolerancia, respecto polas razas...
Colgamos un mural cun tren da paz na que os vagóns contaban a biografía de persoas que recibiron o premio Nobel da Paz (Barack Obama e a Nai Teresa de Calcuta) e ONG (Médicos Sen Fronteiras) e debuxos feito polos nenos e nenas do colexio.
As familias colaboraron nesta actividade decorando pombas e escribindo palabras/frases alusivas á Paz, colaboración, respecto, non violencia...  
A participación das familias foi moi alta e as pombas destacaban pola orixinalidade e materiais empregados.
Durante todo o mes na biblioteca  tivemos expostos libros e nas aulas traballaron sobre a paz.







Esa misma tarde, o alumnado de 6º curso invitou ás súas familias á obra de teatro que puxo en escena na biblioteca do centro e que se titulou "A outra historia de Carapuchiña".
Actuaron como auténticos profesionais, con máis nervos pola presencia dos familiares, e foron moi aplaudidos.

29/1/17

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL CON ASPANANE

Os nenos e nenas de Infantil participaron con ASPANANE nas actividades do Progama de Sensibilización no ámbito educativo.
Durante unha semana estiveron traballando sobre a discapacidade e a diversidade.





27/1/17

CANTO SABES SOBRE O DÍA DA PAZ?


Xogo sobre a paz de Xosé Antón Vicente Rodríguez. Preme aquí para xogar.



Vai estalar a Paz! feito por Fran Macías, Felo Couto e Xosé Antón Vicente.






24/1/17

CATRO NENOS/AS DO COLEXIO RECIBIRON UN PREMIO DENTRO DO CONCURSO DE POESÍA DE NADAL

Mateo (5 anos), Daniela e Alba(6º) e Ariadna(3º) foron gañadores do premio de poesía de Nadal que convocou a Biblioteca Municipal de Viveiro.
A entrega de premios tivo lugar no Concello e foron recibidos pola concelleira de Cultura.
Noraboa a estes catro artistas e non deixedes de escribir!