10/6/17

O NOSO COLE CUMPRE 25 ANOS!




25 anos colexio

Un  23 de setembro de 1991 abría as súas portas con certo retraso por unhas obras sen rematar, un novo colexio no barrio de Covas, en Viveiro. As antigas “Escolas vellas” de Covas quedaranse pequenas e antigas e non daban cabida á nova reforma educativa que se estreaba co novo colexio (LOGSE), e que mudaba un sistema educativo que permanecía inalterable dende a Ley de Educación de 1970.

Dende aquel día foron moitas as leis educativas que se foron sucedendo, e moitos os mestr@s e alumn@s  que pasaron por unhas aulas que se quedaban pequenas para tantas ganas de aprender. Tantos cambios que, o que nun principio se chamaba “Colexio Público de EXB de Covas” convirteuse no actual “CEIP Plurilingüe de Covas”, cun claustro de profesor@s que conserva mestras que o acompañaron na súa historia, e que xa o foron dunhos alumn@s que agora son os pais dos actuais nen@s que acoden cada mañá coas súas mochilas cargadas de ilusión.

Neste curso 2016-2017, que estamos a piques de rematar,  cumplimos 25 anos ensinando e aprendendo cos nen@s de Covas, e queremos facer partícipes e celebralo con todos aqueles que dun ou doutro xeito formaron parte da súa comunidade educativa: alumn@s, pais, nais, ANPAS, profesorado, conserxes, auxiliares de conversa, coidadora, limpadoras, veciños, servicios do concello...todos XUNTOS demos forma aos 25 anos de historia do noso colexio.
O 25 aniversario é un momento moi especial e non o queremos deixar pasar, e debémolo celebrar cunha exposición de fotos que aportaron  antigos alumnos/as e profesorado que está ou estivo no centro.
Unha morea de recordos vividos dende o 1991. Pasade polo centro para ver as fotos e  lembrar os vellos tempos!
Tamén hai unha exposición dos xornais  " O Charlatán de Covas" que editamos dende os comezos e que agora publicamos en formato dixital.
Queremos lembrar a todas as persoas que pasaron polo colexio: alumnos/as, profesorado, conserxes, ANPAS, personal non docente... xa que entre todos construímos o que é o noso colexio na actualidade.
Graciñas!



9/6/17

EDGAR E O SEU AVIÓN

Edgar e o seu avión

Edgar, un rapaz de 4º curso de primaria  é o noso inventor da semana.  Construiu este avión con materiais reciclados... e ademais... funciona!
Grazas Edgar por este gran traballo!

8/6/17

OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS CÓNTANNOS UN CONTO

Os nenos e nenas de 4 anos cóntannos o conto "Un agasallo diferente". Axudados da súa titora Loli grabaron as voces e elaboraron este video. Non deixedes de velo!

 

Un agasallo diferente

5/6/17

VI DIA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA- HOMENAXE A MARUJA MALLO

O día 1 de xuño conmemoramos o Dia da Arte Galega na Escola e nesta ocasión fixemos unha homenaxe á artista que naceu en Viveiro, Maruja Mallo.
Cada aula escolleu un cadro da autora elaborando diferentes versións nos días previos. Nas aulas de infantil traballaron sobre as obras de "Naturaleza viva" con elementos naturais (cunchas, algas, area...)elaborando cada neno/a a súa versión do cadro, en 1º fixeron un quebracabezas coa obra "Máscara tres-veinte", en 2º traballaron co cadro "Selvatro"  o efecto espello, na clase de 3º fixeron un "Protoesquema" en 3D, "Elementos para el deporte" foi a obra escollida por 4º elaborando os diferentes elementos do cadro con materiais comúns como cartón, témperas, corda, papel..., o papel maché foi a técnica que empregou a clase de 5º para recrear "Máscaras con mariposas".

O alumnado de 6º fixo unha performance en vivo de rostros e figuras dos cadros da artista, incluíndo a foto de Maruja Mallo con algas, máscaras, muller negra...Contamos coa colaboración de Sara, antiga alumna do centro e que maquillou aos nenos e nenas de 6º  facendo un traballo magnífico 😊.

 O día 1 saímos todas as clases ao patio para rematar as obras e facer unha exposición e posta en escena na hora da saída para os padres e familiares do alumnado.

Coas obras rematadas e fotografiadas elaboraremos uns marcapáxinas que repartiremos polas tendas da zona e que darán como agasallo á clientela.


 
DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA 2017 (I)



 
DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA 2017

DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA 2017(III)


















4/6/17

INFANTIL FOI DE EXCURSIÓN AO CASTELO DE MOECHE

VISITA AO CASTELO DE MOECHE

O alumnado de Educación Infantil pasou o día 23 de maio no Castelo de Moeche como remate do seu proxecto do curso “Os castelos”. Contaron coa axuda de Ana, unha guía que lles amosou as partes do castelo, como vivían os señores, as relacións dos señores cos vasalos, costumes...
Comeron en pleno campo pasando un día moi divertido.

3/6/17

GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA DIRIXIDA POR NOELIA, NAI DE EDGAR E HUGO

Maios

Como nos gusta a música!
Esta semana veu actuar ao noso colexio un grupo de música tradicional galega dirixida por Noelia, a nai de Edgar e Hugo. A Noelia acompañáronna membros da Asociación Os 21 de O Vicedo e Valdeflores de Viveiro, tocando  instrumentos populares e un grupo de acordeóns do Conservatorio de Viveiro.
Foi unha actuación fantástica e algúns nenos e nenas do colexio que están a aprender a tocar a pandereta e tambor acompañáronnos nunha canción.
Cantaron cancións tradicionais, tamén Catro vellos mariñeiros e remataron coa canción O galo canta coreada polos nenos e nenas do colexio.
Grazas por esta magnífica actuación!